Cookies

Solicitude de alta

Para dar de alta o subministro de auga no Concello de Ames, hai que presentar distinta documentación segundo se trate dunha persoa física ou dunha persoa xurídica. Ademais, poden solicitarse documentos adicionais segundo o tipo de inmoble.

A persoa solicitante e, de ser o caso, a persoa representante deberán acreditar a súa identidade por algún dos medios indicados ao final, en cumprimento do disposto na normativa de protección de datos persoais e co fin exclusivo de verificar a lexitimidade da solicitude.

Persoas físicas:

  • Documento acreditativo da propiedade: escritura, pacto de mellora, testamento, etc.
  • Certificado de defunción, se é o caso.
  • Xustificante do IBI (se a referencia catastral non aparece na documentación anterior).
  • Certificación da conta bancaria para a domiciliación do pagamento.
  • Mandato SEPA.
  • Consentimento tratamento datos LOPDGDD/RGPD.

Persoas xurídicas:

  • Fotocopia do NIF.
  • Documento acreditativo da representación.
  • Documento de propiedade (escritura, pacto de mellora, testamento…).
  • Certificado de defunción, se é o caso.
  • Xustificante do IBI (se a referencia catastral non aparece na documentación anterior).
  • Certificación da conta bancaria para a domiciliación do pagamento.
  • Mandato SEPA.
  • Consentimento tratamento datos LOPDGDD/RGPD.

Documentación adicional segundo o caso:

  • Licenza de obra, licenza de primeira ocupación ou comunicación previa de actividade.
  • Se se trata dunha nave, baixo comercial ou industrial: formulario de vertedura.

Podes presentar a documentación en persoa en calquera das nosas oficinas ou ben enviárnola por correo electrónico a info@augasdeames.gal, debendo acreditar a identidade da persoa solicitante.

Acreditación da identidade da persoa solicitante

  • Trámite con certificado dixital: non será necesario achegar copia do DNI.
  • Trámite presencial nas oficinas: solicitarase o DNI ou NIE (acompañado do pasaporte de ser a tarxeta verde) unicamente para verificar a identidade da persoa, sen conservar copia.
  • Trámite en liña sen certificado dixital: será necesario enviar unha copia do DNI ou NIE (acompañado do pasaporte de ser a tarxeta verde) coa solicitude. Neste caso:
    • Pode consultar as seguintes indicacións sobre o envío seguro do DNI..
    • Augas de Ames EPEL unicamente empregará o documento para comprobar a identidade e eliminarase de inmediato unha vez realizada a verificación, sen conservar copia.