Cookies

Novas

Augas de Ames recibe na súa estación de tratamento de auga potable a visita de estudantes da USC

Esta visita enmárcase dentro do firme compromiso de colaboración que a entidade pública brinda tanto ao resto de administracións públicas como á comunidade educativa

01/12/2025

A Entidade Pública Empresarial Augas de Ames (EPEL) recibiu nas súas instalacións a dúas estudantes do Máster Universitario en Xestión Sostible da Auga, impartido pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), que están a realizar un traballo académico sobre o funcionamiento das estacións de tratamento de auga potable.

Durante a visita, a xefa de servizo de Augas de Ames EPEL e o operario responsable da ETAP de Lens acompañaron ás alumnas e compartiron con elas información técnica e operativa sobre os procesos de xestión e tratamento que levamos a cabo diariamente na citada instalación

Firme compromiso de colaboración

Dende Augas de Ames EPEL queremos remarcar a nosa total disposición a colaborar coa Universidade e co seu alumnado en todas aquelas iniciativas relacionadas coa nosa actividade.

Esta visita enmárcase no noso firme compromiso coa transparencia, así como na vontade de axuda e cooperación co resto das administracións públicas e coa comunidade educativa.

Continuaremos traballando para achegar á cidadanía a realidade da xestión da auga e formentar o coñecemento e o uso responsable deste recurso esencial para todos e para todas.

"Coidando da Auga, coidamos de ti"

Arquivada en:
Comunicacións > Novas

MATERIAIS RELACIONADOS