Política de Privacidade
Dereito de información
Para os efectos do disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril de 2016 (RGPD), relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, e na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), infórmase a persoa usuaria da existencia dun tratamento automatizado de datos de carácter persoal creado por ENTIDADE PÚBLICA EMPRESARIAL AUGAS DE AMES EPEL e baixo a súa responsabilidade cos datos persoais que nos puidera facilitar durante a navegación polo noso sitio web, xa sexa no momento do rexistro ou cando envíe unha mensaxe de correo electrónico.
Responsable do tratamento
- Denominación social: ENTIDADE PÚBLICA EMPRESARIAL AUGAS DE AMES EPEL
- NIF: Q1500458C
- Enderezo: Rúa do Agrelo 7 - 15220 - BERTAMIRÁNS (A CORUÑA)
- Teléfono: 981 890 776
- Correo electrónico: lopd@augasdeames.gal
- Dominio web: www.augasdeames.ga l
-
Datos de contacto do Delegado/a de Protección de Datos:
- Teléfono: 984 283 532
- Correo electrónico: delegadoprotecciondatos@prodasva.org
Finalidade do tratamento
A finalidade do tratamento dos seus datos é a descrita en cada un dos formularios establecidos na páxina web nos que vostede nos facilita os seus datos.
Lexitimación
- Artigo 6.1.a) do RGPD: a persoa interesada deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais con un ou varios fins específicos.
- Artigo 6.1.b) do RGPD: tratamento necesario para a execución dun contrato no que a persoa interesada é parte ou para a aplicación, por solicitude desta, de medidas precontractuais.
Conservación e tratamento dos datos
Os seus datos conservaranse durante o tempo necesario para atender a súa solicitude, sempre que non nos indique o contrario exercendo o seu dereito de supresión, ou durante o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais e atender as posibles responsabilidades que puideran derivarse do cumprimento da finalidade para a que os datos foron recollidos.
No caso de ser necesario, ENTIDADE PÚBLICA EMPRESARIAL AUGAS DE AMES EPEL cancelará ou rectificará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou deixen de ser necesarios para a súa finalidade, de conformidade coa normativa vixente en materia de protección de datos persoais.
Mentres non nos comunique o contrario, entenderase que os seus datos non foron modificados, que vostede se compromete a notificarnos calquera variación e que nos dá o consentimento para utilizalos co fin de fidelizar a relación entre as partes.
Os datos facilitados non serán cedidos a terceiros salvo nos casos nos que exista unha obriga legal. ENTIDADE PÚBLICA EMPRESARIAL AUGAS DE AMES EPEL non elaborará ningún tipo de “perfil” baseado na información facilitada. Non se tomarán decisións automatizadas baseadas en perfís.
De acordo co establecido na Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, no seu artigo 21, solicitarase o seu consentimento para poder realizar comunicacións publicitarias que consideremos poidan ser do seu interese, por correo electrónico ou por calquera outro medio de comunicación electrónica equivalente.
Vostede ten dereito a opoñerse e/ou retirar o consentimento ao tratamento dos datos indicados anteriormente, se é o caso, e en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada, mediante notificación ao responsable do tratamento nos enderezos indicados.
Medidas técnicas e organizativas
ENTIDADE PÚBLICA EMPRESARIAL AUGAS DE AMES EPEL adopta medidas técnicas, controis e procedementos de carácter físico, organizativo e tecnolóxico, razoablemente fiables e efectivos, orientados a preservar a integridade e seguridade dos seus datos e garantir a súa privacidade. Non obstante, non asume ningunha responsabilidade polos danos e prexuízos derivados de alteracións que terceiros poidan causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros da persoa usuaria.
Ademais, todo o persoal con acceso aos datos persoais foi formado e coñece as súas obrigas en relación cos tratamentos de datos persoais.
Nos contratos subscritos cos nosos provedores inclúense cláusulas que lles esixen manter o deber de segredo respecto dos datos persoais aos que teñan acceso en virtude do encargo realizado, así como implantar as medidas de seguridade técnicas e organizativas necesarias para garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanentes dos sistemas e servizos de tratamento de datos persoais.
Todas estas medidas de seguridade revísanse periodicamente para garantir a súa adecuación e efectividade.
Porén, a seguridade absoluta non se pode garantir e non existe ningún sistema totalmente impenetrable, polo que, no caso de que algunha información obxecto de tratamento e baixo o noso control se vise comprometida como consecuencia dunha brecha de seguridade, adoptaranse as medidas axeitadas para investigar o incidente, notificarlle á Autoridade de Control e, se é o caso, ás persoas usuarias que puideran verse afectadas, a fin de que tomen as medidas oportunas.
Dereitos
A persoa usuaria poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento, portabilidade de datos e a non ser obxecto de decisións individualizadas automatizadas, en relación cos datos obxecto do tratamento, ante o responsable do tratamento no enderezo anteriormente indicado ou por correo electrónico a lopd@augasdeames.gal , acreditando a súa identidade, ou directamente ante o Delegado/a de Protección de Datos.
No caso de non obter satisfacción no exercicio dos seus dereitos, poderá presentar unha reclamación ante a Autoridade de Control competente en materia de protección de datos, que é a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), cuxos datos de contacto están dispoñibles en https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/vistas/formNuevaReclamacion/reclamacion.jsf .



