Cookies

Domiciliar o pagamento dos recibos

Podes solicitar o troco de domiciliación bancaria para o pagamento dos recibos presentando a seguinte documentación en calquera das nosas oficinas ou ben enviándonola a info@augasdeames.gal

A persoa solicitante e, de ser o caso, a persoa representante deberán acreditar a súa identidade por algún dos medios indicados ao final, en cumprimento do disposto na normativa de protección de datos persoais e co fin exclusivo de verificar a lexitimidade da solicitude.

Persoas físicas:

Persoas xurídicas:

Locais comerciais ou industriais:

  • Licenza de obras ou comunicación previa da actividade que se vai desenvolver.

Acreditación da identidade da persoa solicitante

  • Trámite con certificado dixital: non será necesario achegar copia do DNI.
  • Trámite presencial nas oficinas: solicitarase o DNI ou NIE (acompañado do pasaporte de ser a tarxeta verde) unicamente para verificar a identidade da persoa, sen conservar copia.
  • Trámite en liña sen certificado dixital: será necesario enviar unha copia do DNI ou NIE (acompañado do pasaporte de ser a tarxeta verde) coa solicitude. Neste caso:
    • Pode consultar as seguintes indicacións sobre o envío seguro do DNI..
    • Augas de Ames EPEL unicamente empregará o documento para comprobar a identidade e eliminarase de inmediato unha vez realizada a verificación, sen conservar copia.