24/04/2025

Proceso selectivo para a incorporación e contratación dun/dunha Xefe/a de Servizo

O prazo de presentación de solicitudes vai dende o día 25 de abril até o 14 de maio

O xoves 24 de abril de 2025 o BOE número 99 vén de publicar a Disposición 8262, BOE na que dá traslado da convocatoria dun proceso selectivo dun/dunha Xefe/a de Servizo por parte da Entidade Pública Empresarial Augas de Ames EPEL. Expediente GD4977/2025.
Desta maneira queda aberto o prazo de presentación de solicitudes que será de vinte días naturais a contar dende o día seguinte desta resolución, dende o 25 de abril até o 14 de maio.
O Consello de Administración da Entidade Pública Empresarial Augas de Ames EPEL na sesión número 10 celebrada o 25 de marzo do ano en curso aprobou as bases que regularán o proceso selectivo dun/dunha xefe de Servizo da citada entidade.
As bases específicas e reguladoras desta convocatoria foron publicadas no BOP número 62 do martes 1 de abril de 2025, BOP
Estas bases recollen que a persoa seleccionada na modalidade de concurso-oposición será contratada na condición de persoal laboral indefinido, adscrita á area técnica e clasificada no grupo profesional GP6, titulado/a de grao superior con xefatura.
Desta convocatoria, ademais da contratación dun/dunha Xefe de Servizo, derivarase a creación dunha listaxe ou bolsa de emprego temporal, co fin de habilitar unha relación de persoas candidatas á que acudir para a cobertura e desempeño temporais deste posto de traballo.
A convocatoria tamén foi publicada no DOG número 69 do mércores 9 de abril, DOG
Anexo I – Modelo de instancia/solicitude de participación – Formato editable
Proceso selectivo xefe/a de servizo