
- ## lista numérica
- ## lista numérica 2
- * lista guións
- * lista guións 2
_cursiva_
*grosa*
__grosa-cursiva__
+subliñado+
%{color:red}texto con cor%
h1. Título 1
h2. Título 2
"Texto hiperligazón":ligazon [ligazon]https://augasdeames.gal
A nova oficina de Augas de Ames EPEL, situada a carón da estrada N-550 no número 56 da avenida Rosalía de Castro, é un despacho máis accesible e cómodo, así como luminoso, tanto para os veciños como para os propios traballadores da entidade.
Ao acto de apertura desta nova oficina do Milladoiro acudiron o presidente de Augas de Ames e alcalde de Ames, Blas García; o concelleiro de Obras e Servizos Básicos e membro do Consello de administración da entidade, Gustavo Nieto; a xerente da EPEL, Genma Otero; a enxeñeira xefa do servizo, Verónica Castro e Ricardo Tosar, capataz do servizo.
A oficina conta con 60 metros cadrados o que permite un reforzo na atención veciñal xa que se poden utilizar dous postos de traballo, de maneira que se ven cumpridas as demandas do núcleo de maior pobación de Ames, con arredor de 13.000 habitantes.
A este respecto, e en palabras de Blas García, presidente de Augas de Ames, “ vaise mellorar o servizo de atención á veciñanza dous días á semana, martes e xoves, co cal, seguimos mellorando a calidade do servizo que se presta”.
Por outro lado, a xerente da entidade pública destacou que “gañamos espazo para atender aos/as abonados/as. É unha oficina con moita máis luz, que dispón dunha zona de almacén que para a parte operativa do servizo vai ser moi útil. Ademais, refórzase o servizo de atención á veciñanza do núcleo con máis poboación do concello”.
Un mellor sevizo
Na actualidade, Augas de Ames EPEL dispón de dúas oficinas con persoal que desenvolve tarefas administrativas, de atención a abonados/as e operativas. A oficina de Bertamiráns atópase na rúa Agrelo, número 7 e o teléfono de contacto é o 981 89 07 76. A oficina de Milladoiro está situada na avenida Rosalía de Castro no número 56 e o teléfono de contacto é o 981 93 94 45.
En ámbalas dúas oficinas aténdese de maneira presencial de luns a venres de 9.00 a 14.00, non obstante, nos últimos anos viuse como medran outras canles de comunicación, como pode ser o uso do correo electrónico, info@augasdeames.gal, moitos/as amesáns e amesás utilizan este medio para resolver as súas dúbidas e realizar os seus trámites.
Dende Augas de Ames tamén se está a traballar en dar unha mellor cobertura do servizo a través da súa páxina web Augas de Ames
Novas relacionadas
La Voz de Galicia: O Milladoiro estrena oficina propia de la empresa de agua
El Correo Gallego: Augas de Ames estrea oficina no Milladoiro
Diario de Santiago: Augas de Ames reforza o servizo de atención á veciñanza cunha nova oficina no Milladoiro
AMSGO!: Augas de Ames reforza o servizo de atención á veciñanza cunha nova oficina no Milladoiro