
- ## lista numérica
- ## lista numérica 2
- * lista guións
- * lista guións 2
_cursiva_
*grosa*
__grosa-cursiva__
+subliñado+
%{color:red}texto con cor%
h1. Título 1
h2. Título 2
"Texto hiperligazón":ligazon [ligazon]https://augasdeames.gal
Coidando da auga, coidamos de ti é a frase que acompañará ao logotipo de Augas de Ames EPEL dende agora. O slogan foi presentado na Casa do Concello nun acto ao que acudiron Blas García, presidente da entidade e alcalde de Ames; Gustavo Nieto, concelleiro de Obras e Servizos Básicos e membro do Consello de Administración de Augas de Ames; Genma Otero, xerente da Entidade pública; Ramón Cordido, representante da empresa La Rayuela e deseñador do slogan e da imaxe corporativa de Augas de Ames; e tres traballadores do servizo.
Ramón Cordido explicou como foi o proceso creativo até a consecución da frase idónea que engloba o sentir e o traballo da empresa pública: “pedíusenos unha frase que incidise na sensibilización e na promoción do consumo responsable da auga, un texto que conxugase o binomio auga e saúde. Deste xeito xurdiu a frase Coidando da auga, coidamos de ti, que reflicte un pouco esta misión. É unha frase con sonoridade que fai que o interlocutor se implique e se sinta parte dunha comunidade. Ademais, escolleuse unha fonte script, a man alzada, que humaniza e dá personalidade á mensaxe”.
Investimentos nas redes de abastecemento e saneamento
Genma Otero, xerente de Augas de Ames EPEL, no mesmo acto de presentación, destacou a aposta do Concello pola creación dunha empresa pública que xestionase un servizo tan esencial como o Ciclo Integral da Auga. “Ames é un referente no ámbito da municipalización sendo o primeiro concello de Galicia en apostar pola fórmula de entidade pública empresarial local. O balance deste primeiro ano de posta en marcha é positivo, cunha cifra de investimentos de preto de 340.000 euros, tanto nas redes de abastecemento e saneamento como nos investimentos para a operativa do servizo. O slogan que hoxe presentamos reflicte perfectamente o obxectivo principal do coidado da auga e deste ben básico e esencial que é necesario para a vida”.
Dentro dos investimentos nas redes de abastecemento e saneamento cómpre destacar os 151.788,29 euros empregados en 10 actuacións: instalacións de tubaxes de fecais e pluviais na avenida Poeta da Maía (47.976,50 euros); reparación do cruce transversal en Piñeiro (4.060,52 euros); reforma do novo local de oficinas no Milladoiro (13.255,37 euros); acometida de saneamento en Costoia (2.114,06 euros); extensión da rede e acometida de saneamento en Portanxil (3.262,52€); instalacións eléctricas e termo eléctrico e legalización da instalación da nova oficina do Milladoiro (7.903,27 euros); execución de rede pluvial en Ventosa (15.216,05€); obra na N-550 no Milladoiro (21.000 euros); acometida de abastecemento de abonados (15.000 euros); e acometida de saneamento de abonados (21.000 euros).
Por outra banda, para o funcionamento da operativa do ciclo integral da auga e das instalacións investíronse 148.811,33 euros, nos que destaca a adquisición de diversos materiais de reparación, a compra de sete vehículos de segunda man, ferramentas de segunda man para o quefacer diario do servizo, a renovación da redutora de presión e caldeiraría en Pegariños, o subministro dunha canle de fundición D400MM, o subministro de bomba de recirculación número 3 da EDAR de Bertamiráns, o subministro de material de construción para obras accesorias de instalación solar fotovoltaica na EDAR de Sisalde, o subministro de bomba DAF para a EDAR do Milladoiro, o subministro de reixa embornal e reixa e marco de pluviais, o subministro de ferramentas, o subministro de oxímetro portátil, o subministro de dúas válvulas PIC para a ETAP de Lens e o subministro de válvula redutora de presión DOROT.
Durante este primeiro ano de funcionamento de Augas de Ames EPEL realizouse un investimento total de 338.264,63 euros, nos que tamén se incluén os 37.665,01 euros investidos en oficinas e espazos administrativos.
Augas de Ames EPEL: un ano camiñando xuntos
O presidente da EPEL e alcalde de Ames, Blas García, sinalou “aproveitando esta presentación é un bo momento para facer unha valoración sobre o primeiro ano de funcionamento de Augas de Ames. Comezou a funcionar o pasado 1 de abril de 2024, despois de moito traballo e dun compromiso político adquirido por todos os grupos políticos que constituímos o goberno municipal no ano 2015, ante a solicitude de Ames Novo. Non só traballamos as persoas que naquel momento formabamos parte do Goberno municipal, senón tamén hai que lembrarse daqueles concelleiros e concelleiras que nos plenos, e a través doustos medios, insistiron na creación desta entidade pública, como foron Quique Costas, Chus Boo e Pilar Candocia. Tamén quero lembrarme de José Miñones, que foi o alcalde que impulsou, inicialmente, o traballo da creación de Augas de Ames”.
García quixo salientar o activo máis valioso que ten a EPEL, o seu capital humano, subliñando que “o máis importante dunha empresa é o seu persoal e, no caso de Augas de Ames, temos a sorte de contar co persoal subrogado da anterior concesionaria, e iso permitiunos non comezar de cero, porque este persoal xa dispón dun amplo coñecemento da rede de abastecemento e do traballo que se viña facendo con anterioridade”.
Augas de Ames EPEL: mirando o futuro
Mirando cara o futuro, o presidente da entidade salientou que “unha das necesidades máis importantes é que a ETAP de Lens teña un rendemento o máis amplo posible. Na actualidade, ten un rendemento do 30% da súa capacidade e o que queremos é sacarlle o máximo rendemento posible, levando a auga cara a localidade do Milladoiro. Agora mesmo seguimos comprándolle a auga a Santiago de Compostela para abastecer O Milladoiro, pero para iso necesitamos un investimento que supera amplamente os dous millón de euros. Estamos traballando para acadar dito financiamento. Na compra da auga a Santiago gastamos entre 30.000 e 33.000 euros ao mes, dependendo do gasto de auga mensual que haxa. Co aforro deste importe anual, que está preto dos 400.000 euros, e outras vías de financiamento poderíase levar a auga ata O Milladoiro dende a potabilizadora de Lens”.
Outro obxectivo é poder dispor do servizo de abastecemento no rural de Ames, Blas García engade que “unha vez rematada a obra que se está facendo no núcleo de Lens vaise poder colocar un depósito para poder abastecer a Lens e poder levar a auga a zona norte do concello. Para este Goberno municipal é fundamental que o rural dispoña do servizo de abastecemento e, tamén, acabar de dotar do servizo de saneamento nas dúas últimas parroquias que quedan, a de Piñeiro e unha parte da de Tapia”.
O terceiro obxectivo que se marca este goberno é a dixitalización e mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga. Para iso o Concello de Ames conta cunha axuda de 1.131.309,77 euros concedida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico do Goberno de España, a través do plan PERTE.
Por último, o presidente da EPEL destacou o compromiso adquirido coa Xunta de Galicia para a redacción do proxecto de ampliación da EDAR de Sisalde. O compromiso do Concello é levar ao pleno a declaración de interese xeral do Estado desta actuación para que o Goberno central achegue financiamento para poder executar dito proxecto.
Noticias relacionadas
La Voz de Galicia: Augas de Ames cumple un año con 340.000 euros de inversión y nueva oficina en O Milladoiro
El Correo Gallego: Ames buscará financiamiento para que a ETAP de Lens abasteza O Milladoiro
AMSGO!: Augas de Ames presenta o seu eslogan e realiza balance o seu primeiro ano de funcionamento
Texto Galego: